6Jun

Los expertos confirman que las empresas no gestionan adecuadamente el riesgo medioambiental

Reunidos no Foro Inade na Coruña, os expertos advirten de que as empresas non realizan unha xestón axeitada neste sentido, e lembran que deben presentar antes do 31 de outubro unha “declaración responsable”, indicando ter feito unha análise de responsabilidade medioambiental.

A Tribuna de Foro Inade acolleu o luns unha xornada de traballo para analizar o risco da responsabilidade medioambiental, abordando as novas obrigas que os empresarios deben ter en conta a partir do 31 de outubro. A mesa redonda, que estivo presentada e moderada polo director de Fundación Inade, Adolfo Campos, contou coa presenza de José Luis Lorenzo Cantero, director de Responsabilidade Medioambiental de AIG en España; José Luis de Heras Herráiz, director xerente do Pool Español de Riscos Medioambientais, e Santiago Cristín Mariño, representante da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema) e responsable da Área de Servizos Ambientais do despacho Javier de la Cerda Asociados.

En concreto, as reflexións centráronse na análise da Orde APM/1040/2017 do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), pola que se establece, entre outras medidas, a data a partir da será será esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria para as actividades clasificadas como nivel de prioridade 1 e 2. A xornada foi inaugurada polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla Ramil, que resaltaba a necesidade de organizar xornadas para “a vixilancia activa dos cambios lexislativos e o asesoramento a empresas, que pretenden facer realidade o compromiso empresarial co medio ambiente facilitando o apoio e asistencia técnica na resolución de consultas”. Así mesmo, lembrou que dende a Confederación Española de Organizacións Empresariais e en colaboración co Magrama, se desenvolveron numerosas ferramentas de tipo sectorial para a análise de riscos, directrices técnicas simplificadas e fichas orientativas. 

Á súa vez, “dende a CEC, unha das organizacións integradas na CEOE, impulsamos que o tecido empresarial da provincia desenvolva unha cultura preventiva como a mellor ferramenta para a sostibilidade económica, social e ambiental”. Na presentación, Adolfo Campos volvieu recalcar, pola súa banda, que “na maioría das ocasións, o nacemento dunha fundación vén cubrir un espazo que, sendo necesario, non ten o apoio suficiente da Administración Pública.”