A UDC, primeira universidade pública española con titulados en xerencia de riscos e seguros
Os alumnos do Plan Inicia GERENCIARYS, título propio de posgrao que promove a Catédra Fundación Inade-UDC, celebraron a súa gradación acompañados non só por representantes da universidade sino dos empresarios galegos coa CEG, a CEC e Cámara coruñesa.
Alí estaban o Decano da Facultade de Dereito da UDC, José Manuel Busto Lago; o Presidente da CEG, Antón Arias Díaz-Eimil; o Presidente da CEC, Antonio Fontenla Ramil; o da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro Méndez, e o Presidente do Padroado de Fundación Inade, Antón Cobián. A cita foi o pasado venres 24 de febrero.
O Reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, quixo insistir na importancia da relación entre universidade e empresa a través de mecanismos como esta Cátedra. Durante a súa quenda de palabra, o director da Cátedra e do propio Plan Inicia, Fernando Pena, destacou que “aquí están os profesionais do futuro, os que van axudar ás empresas para ser mellores” e solicitou aos alumnos que continuasen formándose. A última lección do curso foi impartida por Juan Arsuaga Serrats, Conselleiro Delegado de Lloyds Iberia, que fixo un repaso da historia da firma e examinou os retos aos que se enfronta a industria aseguradora, “teredes que desenvolver aquelas habilidades que os vosos empleadores necesitan neste novo mundo”.
Arsuaga foi tamén o encargado de entregar a Juan Ramón Veiga o premio ao mellor alumno desta primeira promoción, na que graduáronse 37 dos 40 alumnos inicialmente matriculados, un premio simbólico polo que se lle convida a visitar a cidade de Londres e ensinarlle o funcionamento da sede central da aseguradora que traballa riscos de máis de 200 países.